miércoles, 12 de mayo de 2021

Despedida

Xa presentamos o noso traballo diante do profesor e do resto dos compañeiros e compañeiras do grupo CLIL e, aínda que quedamos un pouquiño xustas de tempo, a verdade é que estamos bastante contentas co resultado. Quedámonos co positivo: demos o mellor de nós e intentamos que a presentación fose o máis amena posible.

Ademais, mentres remabatamos de engadir algunhas das referencias de última hora, xurdíronnos unha serie de dúbidas en canto a como citar GIFs, ou como citar as imáxenes que fomos incluíndo neste blog, entre outras, polo que lle pedimos unha titoría ao profesor para que nolas resolvese. Unha vez acabada a titoría, fixemos unha lista nun Word sobre pequenas cousas que quedaban por facer, e repartímonos o traballo entre as tres para que fose máis rápido.

Xa temos todo listo, así que só queda revisar ben cada un dos documentos que temos que entregar e poderemos envialo pola aula virtual, dicíndolle adeus a esta actividade.

Facendo unha revisión coma remate final, consideramos que aínda que foi unha tarea moi laboriosa, aprendimos moito no proceso de creación tanto á hora de traballar con distintos programas ou plataformas online coma á hora de realizar unidades didácticas interactivas, ademais de atractivas e interesantes para o alumnado. Temos claro que esta experiencia seranos de utilidade no noso futuro docente, e seguro que algunha de nós acabará empregando este material didáctico nas súas aulas.

E con isto despedímonos. Se chegáchedes ata aquí, grazas pola vosa paciencia e por interesarvos polo noso traballo. Foi un pracer entretervos durante estas semanas.

(2013). Full House Kiss [GIF Animado]. http://gph.is/XIGARm 


Non queremos dicir adeus, así que deixarémolo nun ata pronto.

Os tres desastres: Andrea, Denise e Lucía

A nosa viaxe chega á súa fin...

Ola! Hoxe, 12 de maio, presentamos na clase de Escola, Comunidade e TIC o noso material didáctico e, para que mentir, estamos un pouquiño nerviosas.

via GIPHY

Hulu. (2017). Scared 30 Rock GIF. [GIF Animado]. http://gph.is/2g52DiR


Aínda así, sabemos que nos sairá todo ben porque traballamos moito e puxémoslle moita ilusión a este proxecto. Desexádenos sorte!

Andrea, Denise e Lucía


martes, 11 de mayo de 2021

Desvelamos o segredo!

Ola, ola! Por fin chegou o momento de amosarvos o que tanto tempo levabamos agochando... Cal será o noso principal material didáctico? Pois aquí o tedes:

Presentación de Genially - Elaboración propia

Pois si, efectivamente, é unha presentación de Genially! Nela incluimos tooooodos os recursos que elaboramos, ademais doutros que non son propios, coma as imaxes ou os vídeos de Youtube. Servirá para presentar por un lado os contidos, é dicir, a parte máis teórica, e por outro lado tamén será un entorno dixital no que os alumnos e alumnas poderán realizar as actividades directamente.

A presentación está dividida en 4 seccións: os seres vivos e inertes, as plantas, os animais vertebrados e os invertebrados. Cada una destas partes corresponde a unha sesión, polo que a nosa unidade durará cinco sesións (catro de contidos máis unha de repaso).

Levamos traballando nesta presentación dende fai semanas, pero non queríamos amosala ata o último momento, para manter a intriga! Esperemos que vos guste e vos sexa útil, para refrescar algunhas cousiñas da materia que de seguro olvidarades (jejeje) e ademais para empregar algunha das nosas ideas nun futuro nas vosas aulas.

Un saudiño!

Andrea, Denise e Lucía

lunes, 10 de mayo de 2021

Últimos retoques...

Ola! Hoxe foi un día moi produtivo, xa que acabamos a guía didáctica e ademais elaboramos un xogo como peche final desta parte da materia. Trátase dunha imitación da clásica "oca" e as regras son as siguintes: os nenos e nenas dividiranse en catro grupos e terán que tirar o dado. Avanzarán as casas correspondentes e a continuación faráselles unha pregunta. Se acertan, poden tirar unha vez máis, pero máximo dúas tiradas por quenda. Se cometen un erro, pasa a quenda ao grupo seguinte. Gaña o equipo que chegue antes á meta. Ademais, engadimos algunas casas especiais, nas que o alumnado terá diferentes mensaxes: ben pode ser unha acción, ou a posibilidade de obter unha pista, etc. Deixámosvos por aquí unha imaxe do xogo:

Captura de pantalla - Elaboración propia


Pero tranquilos e tranquilas, isto non remata aquí. Mañá temos pensado amosarvos o resultado de todo o que estivemos argallando estes días e que era unha sorpresa... Seredes capaces de esperar?

Un saúdo!

Andrea, Denise e Lucía

Despedida

Xa presentamos o noso traballo diante do profesor e do resto dos compañeiros e compañeiras do grupo CLIL e, aínda que quedamos un pouquiño x...