lunes, 10 de mayo de 2021

Últimos retoques...

Ola! Hoxe foi un día moi produtivo, xa que acabamos a guía didáctica e ademais elaboramos un xogo como peche final desta parte da materia. Trátase dunha imitación da clásica "oca" e as regras son as siguintes: os nenos e nenas dividiranse en catro grupos e terán que tirar o dado. Avanzarán as casas correspondentes e a continuación faráselles unha pregunta. Se acertan, poden tirar unha vez máis, pero máximo dúas tiradas por quenda. Se cometen un erro, pasa a quenda ao grupo seguinte. Gaña o equipo que chegue antes á meta. Ademais, engadimos algunas casas especiais, nas que o alumnado terá diferentes mensaxes: ben pode ser unha acción, ou a posibilidade de obter unha pista, etc. Deixámosvos por aquí unha imaxe do xogo:

Captura de pantalla - Elaboración propia


Pero tranquilos e tranquilas, isto non remata aquí. Mañá temos pensado amosarvos o resultado de todo o que estivemos argallando estes días e que era unha sorpresa... Seredes capaces de esperar?

Un saúdo!

Andrea, Denise e Lucía

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Despedida

Xa presentamos o noso traballo diante do profesor e do resto dos compañeiros e compañeiras do grupo CLIL e, aínda que quedamos un pouquiño x...