Bos días, tardes ou noites! Por fin podemos dicir que rematamos o noso material didáctico e todos os recursos que imos empregar para traballar as diferentes sesións. Decidimos que como o tema dos animais é moi denso, imos dividilo en dúas sesións distintas, e así non se fará tan pesado para os nenos e nenas. Primeiro, elaboramos un conto sobre os animais vertebrados na ferramenta web My Story Book. Neste conto, o alumnado acompañará a unha nena chamada Sofía na súa aventura, na que se encontrará a diversos animais vertebrados, e entre todos deberán decidir a que grupo pertence cada un deles. Deixámosvos o enlace da historia por aquí: https://www.mystorybook.com/books/1105456
Ademais, volvimos a traballar coa páxina de Educaplay e realizamos algunhas actividades de repaso para este apartado concreto dos animais. Un exemplo sería este xogo de atopar parellas, no que teñen que relacionar a imaxe co grupo ao que pertence o animal:

No hay comentarios:
Publicar un comentario