miércoles, 12 de mayo de 2021

Despedida

Xa presentamos o noso traballo diante do profesor e do resto dos compañeiros e compañeiras do grupo CLIL e, aínda que quedamos un pouquiño xustas de tempo, a verdade é que estamos bastante contentas co resultado. Quedámonos co positivo: demos o mellor de nós e intentamos que a presentación fose o máis amena posible.

Ademais, mentres remabatamos de engadir algunhas das referencias de última hora, xurdíronnos unha serie de dúbidas en canto a como citar GIFs, ou como citar as imáxenes que fomos incluíndo neste blog, entre outras, polo que lle pedimos unha titoría ao profesor para que nolas resolvese. Unha vez acabada a titoría, fixemos unha lista nun Word sobre pequenas cousas que quedaban por facer, e repartímonos o traballo entre as tres para que fose máis rápido.

Xa temos todo listo, así que só queda revisar ben cada un dos documentos que temos que entregar e poderemos envialo pola aula virtual, dicíndolle adeus a esta actividade.

Facendo unha revisión coma remate final, consideramos que aínda que foi unha tarea moi laboriosa, aprendimos moito no proceso de creación tanto á hora de traballar con distintos programas ou plataformas online coma á hora de realizar unidades didácticas interactivas, ademais de atractivas e interesantes para o alumnado. Temos claro que esta experiencia seranos de utilidade no noso futuro docente, e seguro que algunha de nós acabará empregando este material didáctico nas súas aulas.

E con isto despedímonos. Se chegáchedes ata aquí, grazas pola vosa paciencia e por interesarvos polo noso traballo. Foi un pracer entretervos durante estas semanas.

(2013). Full House Kiss [GIF Animado]. http://gph.is/XIGARm 


Non queremos dicir adeus, así que deixarémolo nun ata pronto.

Os tres desastres: Andrea, Denise e Lucía

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Despedida

Xa presentamos o noso traballo diante do profesor e do resto dos compañeiros e compañeiras do grupo CLIL e, aínda que quedamos un pouquiño x...