Mostrando entradas con la etiqueta Animais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animais. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de mayo de 2021

Desvelamos o segredo!

Ola, ola! Por fin chegou o momento de amosarvos o que tanto tempo levabamos agochando... Cal será o noso principal material didáctico? Pois aquí o tedes:

Presentación de Genially - Elaboración propia

Pois si, efectivamente, é unha presentación de Genially! Nela incluimos tooooodos os recursos que elaboramos, ademais doutros que non son propios, coma as imaxes ou os vídeos de Youtube. Servirá para presentar por un lado os contidos, é dicir, a parte máis teórica, e por outro lado tamén será un entorno dixital no que os alumnos e alumnas poderán realizar as actividades directamente.

A presentación está dividida en 4 seccións: os seres vivos e inertes, as plantas, os animais vertebrados e os invertebrados. Cada una destas partes corresponde a unha sesión, polo que a nosa unidade durará cinco sesións (catro de contidos máis unha de repaso).

Levamos traballando nesta presentación dende fai semanas, pero non queríamos amosala ata o último momento, para manter a intriga! Esperemos que vos guste e vos sexa útil, para refrescar algunhas cousiñas da materia que de seguro olvidarades (jejeje) e ademais para empregar algunha das nosas ideas nun futuro nas vosas aulas.

Un saudiño!

Andrea, Denise e Lucía

lunes, 10 de mayo de 2021

Últimos retoques...

Ola! Hoxe foi un día moi produtivo, xa que acabamos a guía didáctica e ademais elaboramos un xogo como peche final desta parte da materia. Trátase dunha imitación da clásica "oca" e as regras son as siguintes: os nenos e nenas dividiranse en catro grupos e terán que tirar o dado. Avanzarán as casas correspondentes e a continuación faráselles unha pregunta. Se acertan, poden tirar unha vez máis, pero máximo dúas tiradas por quenda. Se cometen un erro, pasa a quenda ao grupo seguinte. Gaña o equipo que chegue antes á meta. Ademais, engadimos algunas casas especiais, nas que o alumnado terá diferentes mensaxes: ben pode ser unha acción, ou a posibilidade de obter unha pista, etc. Deixámosvos por aquí unha imaxe do xogo:

Captura de pantalla - Elaboración propia


Pero tranquilos e tranquilas, isto non remata aquí. Mañá temos pensado amosarvos o resultado de todo o que estivemos argallando estes días e que era unha sorpresa... Seredes capaces de esperar?

Un saúdo!

Andrea, Denise e Lucía

domingo, 9 de mayo de 2021

Traballando na guía didáctica

Bos días, tardes ou noites! Por fin podemos dicir que rematamos o noso material didáctico e todos os recursos que imos empregar para traballar as diferentes sesións. Decidimos que como o tema dos animais é moi denso, imos dividilo en dúas sesións distintas, e así non se fará tan pesado para os nenos e nenas.  Primeiro, elaboramos un conto sobre os animais vertebrados na ferramenta web My Story Book. Neste conto, o alumnado acompañará a unha nena chamada Sofía na súa aventura, na que se encontrará a diversos animais vertebrados, e entre todos deberán decidir a que grupo pertence cada un deles. Deixámosvos o enlace da historia por aquí: https://www.mystorybook.com/books/1105456 


Ademais, volvimos a traballar coa páxina de Educaplay e realizamos algunhas actividades de repaso para este apartado concreto dos animais. Un exemplo sería este xogo de atopar parellas, no que teñen que relacionar a imaxe co grupo ao que pertence o animal:


Captura de pantalla Educaplay - Elaboración propia


Por outra banda, puxémonos coa guía didáctica, e xa está case rematada! Así que pronto teremos todo listo...

Un saúdo!

Andrea, Denise e Lucía

sábado, 8 de mayo de 2021

Hoxe tocan os animais!

Estamos aquí de novo! Hoxe decidimos os detalles da última parte do temario, que versa sobre o reino animal. Para iso, estivemos traballando nun dos principais materiais didácticos que empregaremos para ensinar os aspectos máis teóricos do bloque. Queremos que se trate dunha sorpresa, así que non desvelaremos de que se trata ata que se acerque a data da exposición pero... Imos ser boas e deixámosvos por aquí un pequeno adianto:

Captura de pantalla - Elaboración propia


Gústavos? A nós encántannos os guacamaios! Unha pequena curiosidade: sabedes que poden vivir máis de 80 anos? Así que se considerades adoptar un, pensádeo dúas veces porque igual vive máis ca vós!

Un saudiño!

Andrea, Denise e Lucía

viernes, 23 de abril de 2021

Tema do material didáctico

Ola de novo! Fai uns días tivemos unha reunión por Teams na que decidimos o tema que imos tratar co noso material didáctico, e ademais o curso no que íamos traballar. Tras darlle unhas voltas, ao final escollemos a materia de Ciencias da Natureza e o curso de 3º de Primaria (é dicir, entre oito e nove anos). Concretamente, traballeremos o bloque de "Os seres vivos", centrándonos nos seguintes contidos:

  • Diferenza entre os seres vivos e inertes.
  • Identificación de animais e de prantas coma seres vivos.
  • Clasificación de animais vertebrados e invertebrados a partir de características observables.

Ademais, os obxectivos xerais que trataremos de acadar con estas sesións son os seguintes:

b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sendo crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.

e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas.

i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e a comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.

l) Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado.

Por outra banda, estes serían os nosos obxectivos específicos:
  • Diferenciar os seres vivos dos seres inertes.
  • Coñecer as características relacionadas coas funcións vitais dos seres vivos.
  • Distinguir os cinco reinos dos seres vivos.
  • Diferenciar aos grandes grupos de animais vertebrados e as súas características.
  • Coñecer as características máis importantes dos animais invertebrados e a súa clasificación.
  • Coñecer as principais partes das plantas e as súas características.
  • Participar en actividades de grupo mantendo un comportamento responsable, construtivo e solidario respectando aos compañeiros e compañeiras.
  • Usar as TIC como instrumento para aprender e compartir coñecementos.

(2014). Los animales [Imaxe]. http://animaleenviadeext.blogspot.com/2014/09/los-animales.html

Despedida

Xa presentamos o noso traballo diante do profesor e do resto dos compañeiros e compañeiras do grupo CLIL e, aínda que quedamos un pouquiño x...