viernes, 23 de abril de 2021

Tema do material didáctico

Ola de novo! Fai uns días tivemos unha reunión por Teams na que decidimos o tema que imos tratar co noso material didáctico, e ademais o curso no que íamos traballar. Tras darlle unhas voltas, ao final escollemos a materia de Ciencias da Natureza e o curso de 3º de Primaria (é dicir, entre oito e nove anos). Concretamente, traballeremos o bloque de "Os seres vivos", centrándonos nos seguintes contidos:

  • Diferenza entre os seres vivos e inertes.
  • Identificación de animais e de prantas coma seres vivos.
  • Clasificación de animais vertebrados e invertebrados a partir de características observables.

Ademais, os obxectivos xerais que trataremos de acadar con estas sesións son os seguintes:

b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sendo crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.

e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas.

i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e a comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.

l) Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado.

Por outra banda, estes serían os nosos obxectivos específicos:
  • Diferenciar os seres vivos dos seres inertes.
  • Coñecer as características relacionadas coas funcións vitais dos seres vivos.
  • Distinguir os cinco reinos dos seres vivos.
  • Diferenciar aos grandes grupos de animais vertebrados e as súas características.
  • Coñecer as características máis importantes dos animais invertebrados e a súa clasificación.
  • Coñecer as principais partes das plantas e as súas características.
  • Participar en actividades de grupo mantendo un comportamento responsable, construtivo e solidario respectando aos compañeiros e compañeiras.
  • Usar as TIC como instrumento para aprender e compartir coñecementos.

(2014). Los animales [Imaxe]. http://animaleenviadeext.blogspot.com/2014/09/los-animales.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Despedida

Xa presentamos o noso traballo diante do profesor e do resto dos compañeiros e compañeiras do grupo CLIL e, aínda que quedamos un pouquiño x...