Ola de novo! Fai uns días tivemos unha reunión por Teams na que decidimos o tema que imos tratar co noso material didáctico, e ademais o curso no que íamos traballar. Tras darlle unhas voltas, ao final escollemos a materia de Ciencias da Natureza e o curso de 3º de Primaria (é dicir, entre oito e nove anos). Concretamente, traballeremos o bloque de "Os seres vivos", centrándonos nos seguintes contidos:
- Diferenza entre os seres vivos e inertes.
- Identificación de animais e de prantas coma seres vivos.
- Clasificación de animais vertebrados e invertebrados a partir de características observables.
Ademais, os obxectivos xerais que trataremos de acadar con estas sesións son os seguintes:
b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sendo crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e espírito emprendedor.
e) Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega e a lingua castelá, e desenvolver hábitos de lectura en ambas as linguas.
i) Iniciarse na utilización, para a aprendizaxe, das tecnoloxías da información e a comunicación, desenvolvendo un espírito crítico ante as mensaxes que reciben e elaboran.
l) Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado.
Por outra banda, estes serían os nosos obxectivos específicos:
- Diferenciar os seres vivos dos seres
inertes.
- Coñecer as características relacionadas
coas funcións vitais dos seres vivos.
- Distinguir os cinco reinos dos seres
vivos.
- Diferenciar aos grandes grupos de
animais vertebrados e as súas características.
- Coñecer as características máis
importantes dos animais invertebrados e a súa clasificación.
- Coñecer as principais partes das
plantas e as súas características.
- Participar en actividades de grupo
mantendo un comportamento responsable, construtivo e solidario respectando aos
compañeiros e compañeiras.
- Usar as TIC como instrumento para
aprender e compartir coñecementos.