miércoles, 12 de mayo de 2021

Despedida

Xa presentamos o noso traballo diante do profesor e do resto dos compañeiros e compañeiras do grupo CLIL e, aínda que quedamos un pouquiño xustas de tempo, a verdade é que estamos bastante contentas co resultado. Quedámonos co positivo: demos o mellor de nós e intentamos que a presentación fose o máis amena posible.

Ademais, mentres remabatamos de engadir algunhas das referencias de última hora, xurdíronnos unha serie de dúbidas en canto a como citar GIFs, ou como citar as imáxenes que fomos incluíndo neste blog, entre outras, polo que lle pedimos unha titoría ao profesor para que nolas resolvese. Unha vez acabada a titoría, fixemos unha lista nun Word sobre pequenas cousas que quedaban por facer, e repartímonos o traballo entre as tres para que fose máis rápido.

Xa temos todo listo, así que só queda revisar ben cada un dos documentos que temos que entregar e poderemos envialo pola aula virtual, dicíndolle adeus a esta actividade.

Facendo unha revisión coma remate final, consideramos que aínda que foi unha tarea moi laboriosa, aprendimos moito no proceso de creación tanto á hora de traballar con distintos programas ou plataformas online coma á hora de realizar unidades didácticas interactivas, ademais de atractivas e interesantes para o alumnado. Temos claro que esta experiencia seranos de utilidade no noso futuro docente, e seguro que algunha de nós acabará empregando este material didáctico nas súas aulas.

E con isto despedímonos. Se chegáchedes ata aquí, grazas pola vosa paciencia e por interesarvos polo noso traballo. Foi un pracer entretervos durante estas semanas.

(2013). Full House Kiss [GIF Animado]. http://gph.is/XIGARm 


Non queremos dicir adeus, así que deixarémolo nun ata pronto.

Os tres desastres: Andrea, Denise e Lucía

A nosa viaxe chega á súa fin...

Ola! Hoxe, 12 de maio, presentamos na clase de Escola, Comunidade e TIC o noso material didáctico e, para que mentir, estamos un pouquiño nerviosas.

via GIPHY

Hulu. (2017). Scared 30 Rock GIF. [GIF Animado]. http://gph.is/2g52DiR


Aínda así, sabemos que nos sairá todo ben porque traballamos moito e puxémoslle moita ilusión a este proxecto. Desexádenos sorte!

Andrea, Denise e Lucía


martes, 11 de mayo de 2021

Desvelamos o segredo!

Ola, ola! Por fin chegou o momento de amosarvos o que tanto tempo levabamos agochando... Cal será o noso principal material didáctico? Pois aquí o tedes:

Presentación de Genially - Elaboración propia

Pois si, efectivamente, é unha presentación de Genially! Nela incluimos tooooodos os recursos que elaboramos, ademais doutros que non son propios, coma as imaxes ou os vídeos de Youtube. Servirá para presentar por un lado os contidos, é dicir, a parte máis teórica, e por outro lado tamén será un entorno dixital no que os alumnos e alumnas poderán realizar as actividades directamente.

A presentación está dividida en 4 seccións: os seres vivos e inertes, as plantas, os animais vertebrados e os invertebrados. Cada una destas partes corresponde a unha sesión, polo que a nosa unidade durará cinco sesións (catro de contidos máis unha de repaso).

Levamos traballando nesta presentación dende fai semanas, pero non queríamos amosala ata o último momento, para manter a intriga! Esperemos que vos guste e vos sexa útil, para refrescar algunhas cousiñas da materia que de seguro olvidarades (jejeje) e ademais para empregar algunha das nosas ideas nun futuro nas vosas aulas.

Un saudiño!

Andrea, Denise e Lucía

lunes, 10 de mayo de 2021

Últimos retoques...

Ola! Hoxe foi un día moi produtivo, xa que acabamos a guía didáctica e ademais elaboramos un xogo como peche final desta parte da materia. Trátase dunha imitación da clásica "oca" e as regras son as siguintes: os nenos e nenas dividiranse en catro grupos e terán que tirar o dado. Avanzarán as casas correspondentes e a continuación faráselles unha pregunta. Se acertan, poden tirar unha vez máis, pero máximo dúas tiradas por quenda. Se cometen un erro, pasa a quenda ao grupo seguinte. Gaña o equipo que chegue antes á meta. Ademais, engadimos algunas casas especiais, nas que o alumnado terá diferentes mensaxes: ben pode ser unha acción, ou a posibilidade de obter unha pista, etc. Deixámosvos por aquí unha imaxe do xogo:

Captura de pantalla - Elaboración propia


Pero tranquilos e tranquilas, isto non remata aquí. Mañá temos pensado amosarvos o resultado de todo o que estivemos argallando estes días e que era unha sorpresa... Seredes capaces de esperar?

Un saúdo!

Andrea, Denise e Lucía

domingo, 9 de mayo de 2021

Traballando na guía didáctica

Bos días, tardes ou noites! Por fin podemos dicir que rematamos o noso material didáctico e todos os recursos que imos empregar para traballar as diferentes sesións. Decidimos que como o tema dos animais é moi denso, imos dividilo en dúas sesións distintas, e así non se fará tan pesado para os nenos e nenas.  Primeiro, elaboramos un conto sobre os animais vertebrados na ferramenta web My Story Book. Neste conto, o alumnado acompañará a unha nena chamada Sofía na súa aventura, na que se encontrará a diversos animais vertebrados, e entre todos deberán decidir a que grupo pertence cada un deles. Deixámosvos o enlace da historia por aquí: https://www.mystorybook.com/books/1105456 


Ademais, volvimos a traballar coa páxina de Educaplay e realizamos algunhas actividades de repaso para este apartado concreto dos animais. Un exemplo sería este xogo de atopar parellas, no que teñen que relacionar a imaxe co grupo ao que pertence o animal:


Captura de pantalla Educaplay - Elaboración propia


Por outra banda, puxémonos coa guía didáctica, e xa está case rematada! Así que pronto teremos todo listo...

Un saúdo!

Andrea, Denise e Lucía

sábado, 8 de mayo de 2021

Hoxe tocan os animais!

Estamos aquí de novo! Hoxe decidimos os detalles da última parte do temario, que versa sobre o reino animal. Para iso, estivemos traballando nun dos principais materiais didácticos que empregaremos para ensinar os aspectos máis teóricos do bloque. Queremos que se trate dunha sorpresa, así que non desvelaremos de que se trata ata que se acerque a data da exposición pero... Imos ser boas e deixámosvos por aquí un pequeno adianto:

Captura de pantalla - Elaboración propia


Gústavos? A nós encántannos os guacamaios! Unha pequena curiosidade: sabedes que poden vivir máis de 80 anos? Así que se considerades adoptar un, pensádeo dúas veces porque igual vive máis ca vós!

Un saudiño!

Andrea, Denise e Lucía

viernes, 7 de mayo de 2021

Traballando na sesión 2...

Ola ola! Hoxe reunímonos para poñer en común unha das partes do temario que imos presentar: o reino das plantas. Para reforzar a parte máis teórica desta sesión, engadimos un vídeo sobre a función de nutrición nas plantas (que non é de elaboración propia) para reproducir na clase no caso de que sobre tempo, ou para que poidan ver os nenos e nenas con posterioridade na súa propia casa se tivesen algunha dúbida. O vídeo en cuestión é o seguinte:

La Educateca. (2013). Las plantas: nutrición y fotosíntesis [Vídeo]. https://www.youtube.com/watch?v=npNCzchvXTQ&ab_channel=LaEduteca


Para o remate desta sesión e como repaso realizamos varias actividades en Educaplay, coma por exemplo esta de relacionar imaxes:

Captura de pantalla actividade Educaplay - Elaboración propia


Ademais, tamén engadimos nesta parte a actividade da que vos falamos fai uns días, a sopa de letras que fixemos no programa Ardora:

Captura de pantalla Sopa de letras en Ardora - Elaboración propia


Un saúdo!

Andrea, Denise e Lucía

jueves, 6 de mayo de 2021

Novidades

Boas!

Hoxe estivemos reunidas aproveitando unha hora que tiñamos libre entre clase e clase, e argallamos cousas novas... Amosarémosvolas pronto!

Captura de pantalla - Elaboración propia


Saúdos!

Andrea, Denise e Lucía

miércoles, 5 de mayo de 2021

Novos recursos!

Ola de novo! Hoxe xuntámonos as tres compoñentes do grupo vía Teams para crear os materiais da primeira sesión, sobre os seres vivos e inertes. Decidimos que nesa sesión, entre outras cousas, queríamos engadir un vídeo explicativo (evidentemente, non de elaboración propia) e despois da explicación máis "teórica", íamos evaluar o coñecemento adquirido polos alumnos mediante o uso dun Kahoot (elaboración propia).

Un dos vídeos que máis nos gustou foi o que engadimos a continuación, que pode parecer un pouco básico, pero para introducir o tema ao principio da sesión é perfecto, xa que refresca algúns dos conceptos vistos en anos anteriores na materia. Este sería o vídeo en cuestión:

CNTV Infantil. (2016). Seres vivos y lo inerte | Camaleón [Vídeo]. https://www.youtube.com/watch?v=1HITSsx9rZM&ab_channel=CNTVInfantil


Por outra banda, tamén escollimos este vídeo para apoiar a nosa explicación sobre as funcións vitais dos seres vivos:


Ademais, tamén queremos engadir unha foto da primera pregunta do Kahoot que realizamos, para que teñades unha idea xeral de como funcionaría e dos temas que trata.

Captura de pantalla - Elaboración propia



Un saúdo a todos!

Andrea, Denise e Lucía

Despedida

Xa presentamos o noso traballo diante do profesor e do resto dos compañeiros e compañeiras do grupo CLIL e, aínda que quedamos un pouquiño x...